https://colegiopadrecollado.blogspot.com/

mércores, 20 de maio de 2020

COÑECES O VALOR DAS APERTAS?

Xesús nos ensinou a querer aos demais e a ser cos outros como nos gusta que se porten con nós, verdade? E... cando as persoas somos amables, cariñosas e temos detalles de cariño, como unha aperta cando mais a precisamos... gústanos moito!

Neste tempo de pandemia por causa do Coronavirus, sabedes que as apertas non están permitidas aos que non conviven con nós, na nosa casa:

Videoclip: "Apertas prohibidas

A todos nos gustan os xestos de agarimo e as apertas son un exemplo! 

E, neste tempo de confinamento polo COVID-19 non debemos achegarnos e, polo tanto os xestos de cariño non son tan sinxelos, pero para solucionar este problema... botade un ollo ao artigo do "ABRAZÓMETRO" e construíde o voso propio para dar apertas aos vosos seres queridos que non viven con vós no mesmo fogar!  E, coa familia da casa... pode en práctica as recomendacións que vos fago coas "APERTAS MUSICAIS" 

Porque? Pois porque as apertas teñen vitaminas para o noso corazón!



Hai xestos cotiáns que nos axudan a sentirnos mellor. Un abrazo, un bico, unha man no ombreiro, unha mirada serena… Son xestos que nos lembran que as persoas precisamos expresar nosas emocións e sentimentos. Hai momentos onde isto non é posible como por exemplo, neste tempo de confinamento.

Sen dúbida este é a linguaxe que nos quixo transmitir Xesús, non a das palabras, senón a dos xestos, que dan contido a tantas palabras! Xestos que condensan esa realidade básica e primeira, a de sabernos que somos persoas amadas, a de que todo ser humano aspira no seu interior, e á vez, á que tantos se ven privados dela, non hai mais que ver na TV o noticieiro. Como credes que poden sentirse eses avós e avoiñas que, despois de dous longos meses encerrados nos xeriátricos, sen poder ver en persoa as súas familias... agora teñan que conformarse cunha mínima visita á semana e, desde 2 metros de distancia? Gustaríavos ese trato? 

Hoxe, como onte, seguimos chamados a reproducir eses mil xestos de amor, que axuden aos nosos semellantes a experimentar sentirse estimados e queridos. Fainos ser máis dignos, máis libres, máis queridos, máis humanos e humanas, en definitiva, fai sentirnos achegados uns a outros, como nos ensinou Xesús, coma irmáns/as.






Ningún comentario:

Publicar un comentario