https://colegiopadrecollado.blogspot.com/

martes, 23 de maio de 2023

DE VISITA NO CENTRO DE DIA DE O ROSAL UNHA VEZ MAIS!

 Ao longo deste curso, e a partir da proposta do PLAN PROXECTA: VOLUNTARIADO MIÚDO, "voluntarios voluntariosos"e como suxerencia de dinamización do centro e convivencia interxeracional, saímos co noso alumnado de E.P de E.I. dalgunhas das escolas do CRA, para visitar o centro de día Mirador do Val, en Martín (O Rosal) 



A escola de PIAS, co seu alumnado de 1º e 2º de E.P. que se animou a ir xogar, cantar... cos maiores de O Rosal💓, é a última escola que, por este curso, se animou a facer esta enriquecedora visita interxeracional a este veciño Centro de Día: Mirador do Val, aquí no Rosal.

A sorpresa da titora desta aula foi atopar todos os debuxiños do seu alumnado exposto no salón!

Foi unha sesión preciosa e chea de emocións, que disfrutaron, tanto os maiores do centro coma o alumnado do CRA, e que  deixaron a todos moi bo sabor de boca para volver repetir de cara ao próximo curso! 💕


venres, 19 de maio de 2023

VOLVEMOS VISITAR O NOSO CENTRO DE DÍA FAVORITO

 

 Ao longo deste curso, e a partir da proposta do PLAN PROXECTA: VOLUNTARIADO MIÚDO, "voluntarios voluntariosos" e como suxerencia de dinamización do centro e convivencia interxeracional, saímos co noso alumnado de E.P de E.I. dalgunhas das escolas do CRA, para visitar o centro de día Mirador do Val, en Martín (O Rosal) 


A primeira escola valente e decidida que deu o paso en tempo de Nadal foi a escola de FORNELOS, co seu alumando de 4º, 5º e 6º de E.I. e, 1º e 2º de E.P. que se animou a ir xogar, cantar... cos maiores de O Rosal💓 e, ademais de levar unha panxoliña moi ben preparada do "Xabarín" agasallaron aos maiores con felicitaciós de Nadal e con debuxos, e, vaia sorpresa se levaron cando os maiores tiñan un agasallo que prepararan con todo cariño, agochado para que os nenos e nenas quedasemos encantados nesta emotiva vista, como así foi. 

Nesta segunda ocasión os afortunados en visitar os maiores do Centro de día Mirador do Val, foron os nenos e nenas xuntos coas súas titoras, das aulas de E.I e de E.P. da escola de Fornelos, do CRA MARIA ZAMBRANO.

Os maiores deste centro de día son moi activos e, sempre están a facer cousas!! Despois das presentacións tiñan unha proposta de adiviñas sinxeliñas a base de pequenas pistas que un a un foron preguntando aos nosos nenos e nenas de Fornelos. E, despois da merenda, unha proposta de xogos tradicionais (con botellas e cordel...).  Para finalizar unha festa interxeracional con un pequeno discurso de despedida, incluídos.

Pero... desta visita non podiamos marchar sen achegarlles o noso cariño en forma de debuxos que nos mandou o grupo de Pias Primaria, e murais que prepararon os nenos e nenas de Fornelos; pero tampouco os nosos queridos maiores non quixeron mandar vir para a casa coas mans vacías, así que agasalláronnos a tod@s con algún detalliño personalizado; Ao alumnado cun osiño de rolos de papel, reciclados recheos de caramelos, e as mestras cun ramillete de flores de cores, elaboradas unha a unha manualmente con material de refugallo tamén!   

Foi unha sesión preciosa na que compartimos experiencias e momentos moi enriquecedores na convivencia entre xeracións tan diferentes, que disfrutamos tanto os maiores como o alumnado e que nos deixa a todos moi bo sabor de boca para volver repetir!!  💕