https://colegiopadrecollado.blogspot.com/

xoves, 22 de decembro de 2022

VISITA AOS MAIORES DO CENTRO DE DÍA DO ROSAL

Ao longo deste curso, e a partir da proposta do PLAN PROXECTA: VOLUNTARIADO MIÚDO, "voluntarios voluntariosos" e como suxerencia de dinamización do centro e convivencia interxeracional, saímos co noso alumnado de E.P de E.I. dalgunhas das escolas do CRA, para visitar o centro de día Mirador do Val, en Martín (O Rosal) 


A primeira escola valente e decidida que deu o paso foi a escola de NOVÁS, co seu alumando de 4º, 5º e 6º de E.I. e 1º e 2º de E.P. que se animou a ir cantar panxoliñas cos maiores de O Rosal💓





Pero antes da festa de Nadal na que tanto o alumnado coma os maiores participaron con moita ilusión, houbo momentos moi entrañables na que tanto os nosos nenos coma os maiores se presentaron e, logo explicaron cales eras os xogos que mais lles gustaban e como o desenvolvían.





Tras esta explicación con exemplificacións prácticas incluídas, merenda e xogo libro antes de arrancar co festivalinterxeracional de Nadal!


O alumnado de Novás E.I e E,P. ademais de levar unha panxoliña moi ben preparada do "Xabarín" agasallaron aos maiores con felicitaciós de Nadal e con debuxos, deles e doutras aulas do CRA, que tamén quixeron achegar seu cariño e bos desexos, 

Felicitación da aula de Tabagón




A sorpresa foi que tamén os maiores tiñan un agasallo preparado! un precioso detalle para colocar na árbore de Nadal, para cada unha das mestras e gominolas nun saquiño para cada un dos e das nenos/as, que entregaron con todo cariño e moi ben presentados, que elaboraran un a un, á man!.

Foi unha sesión preciosa que disfrutamos tanto os maiores como o alumnado e que nos deixa a todos moi vo sabor de boca para volver repetir!! 💕


martes, 20 de decembro de 2022

Hª de la NAVIDAD! Con PLAYMOBIL

 Clincando na seguinte imaxe disfruta da historia do nacemento de Xesús! Con figuriñas de playmobil💓


E... velaquí algunhas panxoliñas tradicionais!



mércores, 14 de decembro de 2022

Conto "Unha Xirafa no portal de Belen!"

 

Unha xirafa no portal de Belén

Un fermoso conto para compartir en familia. Fala de superación e sobre todo, do amor dunha avoíña cara súa neta e... unha xirafa que chega a Belén! Non te perdas esta historia!

Preme no título ou na imaxe 


Se prefires, en castelán:

Una Jirafa en el portal de Belén 


Material compartido por relilusionandote.blogspot.com



MELCHOR, GASPAR E BALTASAR: Nosos Magos favoritos

 


En tempo de Nadal non poden faltar as tradicionais e doces panxoliñas!

Velaquí esta nova de Unai Quirós: "Melchor, Gaspar y Baltasar" de Unai Quirós

SOMOS REDES



 Continuando a traballar co proxecto intercentros, esta canción nos une a todos e todas nunha rede sen fíos, de solidariedade!

Nestas datas tan achegadas ao Nadal a compartimos con todos e todas vos! CLICA NA IMAXE:


RAFA SÁNCHEZ de "LA VIDA EN CANCIONES"

REDEIRAS y SOMOS REDES, cancelado.




venres, 9 de decembro de 2022

UN DESEXO PARA ESTE NADAL: PAZ



Navidad con PAZ...

Navidad con PAZ, de Miliki Latra Karaoke

Un desexo temos para este Nadal, pedimos que os adultos se entendan, que non se discuta e que rematen as guerras.

Non queremos seguir a ver personas que se pelexen, queremos Paz, en todos os pobos, especialmente neste momento en Ucrania e Rusia que levan mooito tempo destruíndose