https://colegiopadrecollado.blogspot.com/

luns, 30 de outubro de 2023

Evidencias de que algo se está argallando.... neste curso!

 Comezamos novo curso e, de novas ilusións xorden novos proxectos! E... como a Intelixencia Artificial en nada será un feito... aprovito para presentarvos meu novo avatar para este curso... 

Tranquilos! Hei ensinarvos é ben sinxelo, xa veredes!
Seguiremos todos os pasos que vos adianto nestes vídeos informativos: 

QUE É UN VOKI?

CREAR UN PERSONAXE E PERSONALIZALO EN VOKI

GARDAR A PERSONAXE E COMPARTIR O URL EN VOKI

COMO CREAR UNHA CONTA EN VOKI

COMO COMPARTIR O LINK EN VOKI

E, porque crearemos noso voki

Porque o precisaremos para un novo proxecto!

Velaquí éste é o proxecto no que empezaremos a traballar en nada! Xa veredes! Este curso repetimos, pero con novos compañeiros! Coñeceremos os alumnos e alumnas dun colexio de Coruña, tamén é un CRA! Polo momento... non vos conto mais, quedades á espera de novas, con este vídeo que espero vos guste!

 

Cada vez estamos mais conectados!!





xoves, 12 de outubro de 2023

NO DÍA DE HOXE, FELICITACIÓNS ÁS PILAR!

HOXE É DÍA DA HISPANIDADE E, DA VIRXE DO PILAR!

Parabéns a todas as Pilar!!

Premendo no seguinte enlace poderás decorar o mando da Virxe do Pilar, unha proposta do Blogue de SilviaReli

 juego-ofrenda-flores-a-la-virgen-del-pilar

 

 E, tamén é día da festa nacional de España e da Hispanidade