A primeira escola valente e decidida que deu o paso foi a escola de NOVÁS, co seu alumando de 4º, 5º e 6º de E.I. e 1º e 2º de E.P. que se animou a ir cantar panxoliñas cos maiores de O Rosal💓
Pero antes da festa de Nadal na que tanto o alumnado coma os maiores participaron con moita ilusión, houbo momentos moi entrañables na que tanto os nosos nenos coma os maiores se presentaron e, logo explicaron cales eras os xogos que mais lles gustaban e como o desenvolvían.
Tras esta explicación con exemplificacións prácticas incluídas, merenda e xogo libro antes de arrancar co festivalinterxeracional de Nadal!
O alumnado de Novás E.I e E,P. ademais de levar unha panxoliña moi ben preparada do "Xabarín" agasallaron aos maiores con felicitaciós de Nadal e con debuxos, deles e doutras aulas do CRA, que tamén quixeron achegar seu cariño e bos desexos,
Felicitación da aula de Tabagón |
A sorpresa foi que tamén os maiores tiñan un agasallo preparado! un precioso detalle para colocar na árbore de Nadal, para cada unha das mestras e gominolas nun saquiño para cada un dos e das nenos/as, que entregaron con todo cariño e moi ben presentados, que elaboraran un a un, á man!.
Foi unha sesión preciosa que disfrutamos tanto os maiores como o alumnado e que nos deixa a todos moi vo sabor de boca para volver repetir!! 💕
Ningún comentario:
Publicar un comentario