Ao longo deste curso, e a partir da proposta do PLAN PROXECTA: VOLUNTARIADO MIÚDO, "voluntarios voluntariosos"e como suxerencia de dinamización do centro e convivencia interxeracional, saímos co noso alumnado de E.P de E.I. dalgunhas das escolas do CRA, para visitar o centro de día Mirador do Val, en Martín (O Rosal)
A escola de PIAS, co seu alumnado de 1º e 2º de E.P. que se
animou a ir xogar, cantar... cos maiores de O Rosal💓, é a última escola que, por este curso, se animou a facer esta enriquecedora visita interxeracional a este veciño Centro de Día: Mirador do Val, aquí no Rosal.
A sorpresa da titora desta aula foi atopar todos os debuxiños do seu alumnado exposto no salón!
Foi unha
sesión preciosa e chea de emocións, que disfrutaron, tanto os maiores do centro coma o alumnado do CRA, e que deixaron a todos moi bo sabor de boca para volver repetir de cara ao próximo curso! 💕
Ningún comentario:
Publicar un comentario