Ao longo deste curso, e a partir da proposta do PLAN PROXECTA: VOLUNTARIADO MIÚDO, "voluntarios voluntariosos" e como suxerencia de dinamización do centro e convivencia interxeracional, saímos co noso alumnado de E.P de E.I. dalgunhas das escolas do CRA, para visitar o centro de día Mirador do Val, en Martín (O Rosal)
Os maiores deste centro de día son moi activos e, sempre están a facer cousas!! Despois das presentacións tiñan unha proposta de adiviñas sinxeliñas a base de pequenas pistas que un a un foron preguntando aos nosos nenos e nenas de Fornelos. E, despois da merenda, unha proposta de xogos tradicionais (con botellas e cordel...). Para finalizar unha festa interxeracional con un pequeno discurso de despedida, incluídos.
Pero... desta visita non podiamos marchar sen achegarlles o noso cariño en forma de debuxos que nos mandou o grupo de Pias Primaria, e murais que prepararon os nenos e nenas de Fornelos; pero tampouco os nosos queridos maiores non quixeron mandar vir para a casa coas mans vacías, así que agasalláronnos a tod@s con algún detalliño personalizado; Ao alumnado cun osiño de rolos de papel, reciclados recheos de caramelos, e as mestras cun ramillete de flores de cores, elaboradas unha a unha manualmente con material de refugallo tamén!
Ningún comentario:
Publicar un comentario