Para elo,
falaremos dun calendario moi especial que temos os amigos e amigas de Xesús e
que se emprega na Igrexa de todo o mundo
para dividir os 365 días do ano segundo as celebracións cristiáns mais
importantes: É o “CALENDARIO DOS TEMPOS LITÚRXICOS” ou do “ANO LITÚRXICO” non
coincide co calendario anual senón co lunar.
Divídese en 6 tempos e todos en relación á vida de Xesús. Son:
A
cor empregada no tempo de Advento é a MORADA. Tamén a cor ROSA, a terceira semana.
Dura 4
semanas (entre 22 e 28 días) ata o Nadal. Normalmente o inicio do Advento coincide
co último domingo do mes de Novembro.
A cor
empregada no Nadal é a BRANCA.
O Nadal dura sobre 3 semanas, ata o domingo
posterior á festa da Epifanía (Reis Magos).
3. 3. Parte do mes de Xaneiro,
Febreiro e Marzo, é TEMPO ORDINARIO,
non se celebra ningunha festa especial na Igrexa. Recordamos momentos da vida de Xesús e as súas ensinanzas (parábolas).
A
cor empregada é a VERDE.
Divídese en 2 períodos ao longo do ano e en total dura 34 semanas.
4. 4. Entre Febreiro, Marzo e Abril,
celebramos o tempo de Coresma,
para preparar o noso
corazón para a Semana Santa e a Pascua.
A cor empregada no tempo de Coresma é a MORADA. Tamén a cor ROSA, a cuarta semana.
Dura 40 días, arredor de 5 semanas, o mesmo tempo que estivo Xesús no deserto preparándose para enfrentarse á volta a Xerusalén. Empeza o Mércores de Cinza, despois do Martes de Entroido.
A cor empregada esta semana é a VERMELLA.
Dura unha semana. Empeza o domingo de Ramos e
remata o Sábado de Vixilia Pascual.
A cor empregada neste
tempo é a BRANCA.
A Pascua dura 50 días (7
semanas), desde o Domingo de
Resurrección ou de Pascua ata o Domingo de Pentecoste.
7. Unha vez finaliza o tempo de Pascua volvemos ao tempo ordinario, que
vai desde o mes de Xuño ata a última semana de Novembro ou primeira de Decembro,
onde celebramos o final do ano litúrxico coa celebración de CRISTO REI, e así damos comezo de novo ao
tempo de Advento cun novo ano ou ciclo litúrxico!
Ningún comentario:
Publicar un comentario