Nesta ocasión cunha proposta moi doce que agradezo a Tallita y las clases de Religión
Xa todos estades desexando dar un grande abrazo aos avós, avoas, tíos/as, curmáns, padriños e madriñas.... ou aos amiguiños e amiguiñas que agora xa podemos atopar cando saimos a rúa a xogar!
Pero... como ben sabemos inda non debemos, segundo nos recordan todos os días as autoridades sanitarias o importantísimo e necesario que inda segue a ser que manteñamos o distanciamento social Eu, son da opinión de Tallita e gústame moito súa proposta, que hoxe comparto con vós!
Realmente non poder abrazar aos seres queridos (que non vivan na nosa casa) faise difícil, agora que
podemos empezar a visitalos nesta nova fase do confinamento por causa do COVID-19. Os abrazos son moi necesarios, e por iso... buscamos unha solución a este problema?
Coñecedes o ABRAZÓMETRO?
É unha ferramenta que che permitirá abrazar en calquera sitio, á persoa que ti desexes e sempre respectando a distancia de máis de dous metros.
INSTRUCIÓNS PARA ELABORAR UN ABRAZÓMETRO
PASO 1. Imprime ou debuxa tí mesm@ un molde en cartolina, coma o do modelo anterior
PASO 2. Recorta o molde do Abrazómetro pola línea de puntos e, logo recorta unha foto túa e pégaa á altura do círculo punteado ou debúxate, colocando os brazos rodeando o espazo que queda oco, como arriba, no exemplo
PASO 3. Con pinturas, completa teu debuxo. Os brazos e as máns é moi importante que os coloques rodeando o oco que queda vacío, como podes ver no exemplo arriba. A roupa poder colorear a que mais te guste.
PASO 4. Listo para empregar o Abrazómetro?
Tes que situarte alomenos a dous metros de distancia da persoa que queiras abrazar, xa podes tender a tua man e siuar a cara da persoa que queres abrazar no oco que queda entre teus brazos debuxados. Xa está!! Un abrazo coa distancia de seguridade!!
E, non esquezades nunca que se necesitades que vos den un abrazo, ademais da familia sempre teremos ao noso amigo Xesús disposto a darnos unha aperta de corazón e facernos sentir que todo vai ir ben. Abrazos de corazón de Xesús precisamos sempre, pero inda mais nestes momentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario