https://colegiopadrecollado.blogspot.com/

martes, 19 de maio de 2020

APERTAS MUSICAIS



Abrazos musicales - Dinamicas y Juegos 

A seguinte actividade que hoxe propoño é, polo momento, mentres dure este tempo de confinamento polo COVID-19 para que fagamos "apertas musicais" coa nosa familia da casa e ao tempo que nos movemos pasaremos un momento divertido!
(Proxecto CRA: Móvete mais, 2019-2020)

OBXECTIVOS: Potenciar o sentimento de pertenza a un grupo e favorecer a confianza.
Entrar en contacto físico a través das apertas, neste caso cos familiares da nosa casa cando se para a música.
PROCEDEMENTO: Ponse música para que todos na casa bailemos libremente ao son dunha melodía e cando se pare a música darémonos abrazos de 1, 2, 3 ou 4... Segundo acordemos. Cando se dan apertas dunha soa persoa, que cada un se abrace si mesmo.
A norma do xogo é que ninguén pode quedar sen apertas en ningún dos casos.
E finalmente, rematamos o xogo dando unha aperta todos xuntos!
MATERIAIS: Música animada.              
Una Ilustración De Dibujos Animados De Un Tema Navideño Nota ... OBSERVACIÓNS: Que non se deixe a ninguén sen aperta!!
O xogo tenta romper posibles ambientes de tensión e crear momentos de lecer xuntos entre os que conviven no fogar.



 


ALGÚNS RECURSOS MUSICAIS COMO PROPOSTA PARA ESTA ACTIVIDADE: 











Toda la Música | La Fundación Cultural Capella de Ministrers impulsa el proyecto «Músicamable»

A Fundación Cultural Capella de Ministrers ( FCCdM) puxo en marcha unha plataforma que pretende conectar a intérpretes e persoas a través da música de maneira personalizada e gratuíta. Esta iniciativa do proxecto Músicamable é unha achega desde o ámbito cultural para vivir unha grata e singular experiencia durante o confinamento polo coronavirus.

Con el poderá tamén conversar, compartir curiosidades e intercambiar impresións en liña mediante a páxina web www.musicamable.com, que ten como obxectivo facilitar unha conexión persoal e única entre o oínte, infantil ou adulto, e o intérprete. O interface da plataforma é moi sinxelo para que sexa accesible para todo o mundo, en especial ás persoas maiores. O proxecto, que é totalmente altruísta e pretende ofrecer un servizo social a aquelas persoas que nestas e outras circunstancias non teñen acceso ao entretemento, á cultura e a unha comunicación ou atención ou personalizada, pretende desenvolver nun futuro próximo unha acción específica en hospitais, residencias, centros de atención ou outros colectivos que poderían beneficiarse desta experiencia. Músicamable utiliza o voluntariado e a música como ferramenta e vehículo para humanizar e mellorar a realidade diaria e a xestión das emocións das persoas.

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario