https://colegiopadrecollado.blogspot.com/

Amosando publicacións coa etiqueta COMPARTIR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COMPARTIR. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN!!


Agora que xa pronto remata este inusual e raro curso escolar, que nos mantivo encerrados nas nosas casas durante meses desde o fin de semana do 13 de marzo... por causa do Covid-19, ou coronavirus; desde esta bitácora, inda en construcción pero que non quero deixedes de visitar maiores e peques, quero desexarvos a todas e todos un moi feliz verán!!

Pasádeo moi ben e aproveitade o tempo libre compartíndoo cos vosos seres queridos (familia, amig@s...), 
pero xa sabedes, con moito sentidiño, mantendo as distancias sociais que non indiquen as autoridades, tendo moito coidado de manter moi ben lavadas as mans, de toser cara ao cóbado... en definitiva, respectando as normas desta nova normalidade!!

E, recordade sempre...


Para ser felices, primeiro debemos facer sentirse ben as persoas que nos rodean!

Recordade pois preocuparvos un poiquiño  polas persoas da familia que vivides xuntos, e polos que están mais lonxe tamén; polas persoas mais maiores  e  polas que poidan estar súas sufrindo os efectos desta pandemia!! 

QUE O VOSO CORAZÓN SE VAIA DÍA A DÍA ENCHENDO DE MIL CORES; COS ANAQUIÑOS DA FELICIDADE COA QUE AGASALLADES AOS DEMAIS!
E, no quero deixar de agradecer voso esforzo ao longo destes meses, tanto ás familias pola preocupación constante como aos nenos e nenas! Grazas por seguir ahí, ao outro lado da pantalla

mércores, 20 de maio de 2020

COÑECES O VALOR DAS APERTAS?

Xesús nos ensinou a querer aos demais e a ser cos outros como nos gusta que se porten con nós, verdade? E... cando as persoas somos amables, cariñosas e temos detalles de cariño, como unha aperta cando mais a precisamos... gústanos moito!

Neste tempo de pandemia por causa do Coronavirus, sabedes que as apertas non están permitidas aos que non conviven con nós, na nosa casa:

Videoclip: "Apertas prohibidas" 

A todos nos gustan os xestos de agarimo e as apertas son un exemplo! 

E, neste tempo de confinamento polo COVID-19 non debemos achegarnos e, polo tanto os xestos de cariño non son tan sinxelos, pero para solucionar este problema... botade un ollo ao artigo do "ABRAZÓMETRO" e construíde o voso propio para dar apertas aos vosos seres queridos que non viven con vós no mesmo fogar!  E, coa familia da casa... pode en práctica as recomendacións que vos fago coas "APERTAS MUSICAIS" 

Porque? Pois porque as apertas teñen vitaminas para o noso corazón!



Hai xestos cotiáns que nos axudan a sentirnos mellor. Un abrazo, un bico, unha man no ombreiro, unha mirada serena… Son xestos que nos lembran que as persoas precisamos expresar nosas emocións e sentimentos. Hai momentos onde isto non é posible como por exemplo, neste tempo de confinamento.

Sen dúbida este é a linguaxe que nos quixo transmitir Xesús, non a das palabras, senón a dos xestos, que dan contido a tantas palabras! Xestos que condensan esa realidade básica e primeira, a de sabernos que somos persoas amadas, a de que todo ser humano aspira no seu interior, e á vez, á que tantos se ven privados dela, non hai mais que ver na TV o noticieiro. Como credes que poden sentirse eses avós e avoiñas que, despois de dous longos meses encerrados nos xeriátricos, sen poder ver en persoa as súas familias... agora teñan que conformarse cunha mínima visita á semana e, desde 2 metros de distancia? Gustaríavos ese trato? 

Hoxe, como onte, seguimos chamados a reproducir eses mil xestos de amor, que axuden aos nosos semellantes a experimentar sentirse estimados e queridos. Fainos ser máis dignos, máis libres, máis queridos, máis humanos e humanas, en definitiva, fai sentirnos achegados uns a outros, como nos ensinou Xesús, coma irmáns/as.






xoves, 14 de maio de 2020

COMO FACER UN ABRAZÓMETRO

Aquí estou de novo!

Nesta ocasión cunha proposta moi doce que agradezo a Tallita y las clases de Religión

Xa todos estades desexando dar un grande abrazo aos avós, avoas, tíos/as, curmáns, padriños e madriñas.... ou aos amiguiños e amiguiñas que agora xa podemos atopar cando saimos a rúa a xogar!
Pero... como ben sabemos inda non debemos, segundo nos recordan todos os días as autoridades  sanitarias o importantísimo e necesario que inda segue a ser que manteñamos o distanciamento social  Eu, son da opinión de Tallita e gústame moito súa proposta, que hoxe comparto con vós!

Realmente non poder abrazar aos seres queridos (que non vivan na nosa casa) faise difícil, agora que 
podemos empezar a visitalos nesta nova fase do confinamento por causa do COVID-19. Os abrazos son moi necesarios, e por iso... buscamos unha solución a este problema?

Coñecedes o ABRAZÓMETRO? 

É unha ferramenta que che permitirá abrazar en calquera sitio, á persoa que ti desexes e sempre respectando a distancia de máis de dous metros.
       

INSTRUCIÓNS PARA ELABORAR UN ABRAZÓMETRO

PASO 1. Imprime ou debuxa tí mesm@ un molde en cartolina, coma o do modelo anterior


PASO 2. Recorta o molde do Abrazómetro pola línea de puntos e, logo recorta unha foto túa e pégaa á altura do círculo punteado ou debúxate, colocando os brazos rodeando o espazo que queda oco, como arriba, no exemplo
PASO 3. Con pinturas, completa teu debuxo. Os brazos e as máns é moi importante que os coloques rodeando o oco que queda vacío, como podes ver no exemplo arriba. A roupa poder colorear a que mais te guste.

PASO 4. Listo para empregar o Abrazómetro? 
Tes que situarte alomenos a dous metros de distancia da persoa que queiras abrazar, xa podes tender a tua man e siuar a cara da persoa que queres abrazar no oco que queda entre teus brazos debuxados. Xa está!! Un abrazo coa distancia de seguridade!! 

E, non esquezades nunca que se necesitades que vos den un abrazo, ademais da familia sempre teremos ao noso amigo Xesús disposto a darnos unha aperta de corazón e facernos sentir que todo vai ir ben.  Abrazos de corazón de Xesús precisamos sempre, pero inda mais nestes momentos.



martes, 12 de maio de 2020

E TÍ QUE FARÍAS NESTA SITUACIÓN?



EXPERIMENTO: "COMPARTE"


CANDO COMPARTIMOS SENTÍMONOS MOITO MELLOR!!

SE O NENO/A QUE TIÑA O SANDWICH DECIDISE NON COMPARTIR... CREES QUE SE SENTIRÍA MELLOR?