Agora que xa pronto remata este inusual e raro curso escolar, que nos mantivo encerrados nas nosas casas durante meses desde o fin de semana do 13 de marzo... por causa do Covid-19, ou coronavirus; desde esta bitácora, inda en construcción pero que non quero deixedes de visitar maiores e peques, quero desexarvos a todas e todos un moi feliz verán!!
Pasádeo moi ben e aproveitade o tempo libre compartíndoo cos vosos seres queridos (familia, amig@s...),
pero xa sabedes, con moito sentidiño, mantendo as distancias sociais que non indiquen as autoridades, tendo moito coidado de manter moi ben lavadas as mans, de toser cara ao cóbado... en definitiva, respectando as normas desta nova normalidade!!
E, recordade sempre...
Recordade pois preocuparvos un poiquiño polas persoas da familia que vivides xuntos, e polos que están mais lonxe tamén; polas persoas mais maiores e polas que poidan estar súas sufrindo os efectos desta pandemia!!
QUE O VOSO CORAZÓN SE VAIA DÍA A DÍA ENCHENDO DE MIL CORES; COS ANAQUIÑOS DA FELICIDADE COA QUE AGASALLADES AOS DEMAIS!
E, no quero deixar de agradecer voso esforzo ao longo destes meses, tanto ás familias pola preocupación constante como aos nenos e nenas! Grazas por seguir ahí, ao outro lado da pantalla
Ningún comentario:
Publicar un comentario