Por que é coidar a vida humana e protexer o noso
planeta. Dependemos del para existir.
Noso planeta bríndanos todos os recursos naturais que
necesitamos para alimentarnos, construír nosas vivendas, ter luz,
transportarnos, vestirnos, etc.
PODEMOS COLABORAR NA CONSERVACIÓN DA NOSA NATUREZA:
*Aforrando auga e luz
*Debemos tentar ter contacto
coa natureza sempre que sexa posible: nos paseos polo campo ou pola praia.
*Responsabilizándonos do coidado
dunha mascota, vermes de seda, etc.
*Coidando e respectando aos animais, os ríos, ás plantas e as súas flores
*Plantando árbores e sementes en macetas.
*Empregando o papel por ambas caras.
*Visitando a algún xardín botánico para aprender moitas cousas da natureza
*Non arroxando lixo na rúa, no campo, nin nos ríos e mar
*No supermercado,compramos soamente o que precisamos, evitando mercar productos que contaminen.
*Aprendendo a reciclar. E, dando bo exemplo!!
·
Algúns contos recomendados para ler en familia:
- Para valorar o que temos: O abeto,
- A árbore do colexio: Don Arbolón
- Peligros de contaminar: Os tres secretos do medio ambiente.
https://es.liveworksheets.com |
https://es.liveworksheets.com |
REFLEXIONEMOS
É necesario cambiar a nosa forma de pensar e de actuar
para poder modificar o destino ao que estamos a levar ao planeta. É necesario un cambio social, político,
económico e cultural para evitar que a crise ecolóxica destrúa finalmente á
humanidade. Coidemos a nosa contorna, a
natureza que nos redoea, e de todos os recursos naturais.
Démoslle un respiro ao ambiente, deixando de contaminar tanto!
Un mundo verde e limpo é mundo mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario