https://colegiopadrecollado.blogspot.com/

xoves, 28 de maio de 2020

TEMPOS LITÚRXICOS

Hoxe imos facer un repaso a todo o que levamos aprendido ao longo do curso sobre os momentos mais importantes do Ano Litúrxico!!

Para elo, falaremos dun calendario moi especial que temos os amigos e amigas de Xesús e que se emprega na Igrexa de todo o mundo para dividir os 365 días do ano segundo as celebracións cristiáns mais importantes: É o “CALENDARIO DOS TEMPOS LITÚRXICOS” ou do “ANO LITÚRXICO” non coincide co calendario anual senón co lunar.

 


Divídese en 6 tempos e todos en relación á vida de Xesús.  Son:

1.1.  O calendario do “Ano Litúrxico” comeza co tempo de ADVENTO, no que os cristiáns preparamos o nacemento de Xesús.

A cor empregada no tempo de Advento é a MORADA. Tamén a cor ROSA, a terceira semana.

Dura 4 semanas (entre 22 e 28 días) ata o Nadal. Normalmente o inicio do Advento coincide co último domingo do mes de Novembro.

2. 2. O tempo de NADAL. Os cristiáns celebramos a alegría do nacemento de Xesús, decorando as nosas casas, rúas… cantandopanxoliñas…  

A cor empregada no Nadal é a BRANCA.

O Nadal dura sobre 3 semanas, ata o domingo posterior á festa da Epifanía (Reis Magos).

 

3.  3. Parte do mes de Xaneiro, Febreiro e Marzo, é TEMPO ORDINARIO, non se celebra ningunha festa especial na Igrexa. Recordamos momentos da vida de Xesús e as súas ensinanzas (parábolas).

A cor empregada é a VERDE.

Divídese en 2 períodos ao longo do ano e en total dura 34 semanas. 


4.   4. Entre Febreiro, Marzo e Abril, celebramos o tempo de Coresma, para preparar o noso corazón para a Semana Santa e a Pascua.

A cor empregada no tempo de Coresma é a MORADATamén a cor ROSAcuarta semana.

Dura 40 días, arredor de 5 semanas, o mesmo tempo que estivo Xesús no deserto preparándose para enfrentarse á volta a Xerusalén. Empeza o Mércores de Cinza, despois do Martes de Entroido. 

5.   5.  Entre os meses de Marzo e Abril, celebramos a Semana Santa onde recordamos todos os acontecementos mais importantes do TRIDUO PASCUAL: pasión e morte de Xesús.

A cor empregada esta semana é a VERMELLA.

Dura unha semana. Empeza o domingo de Ramos e remata o Sábado de Vixilia Pascual.

 6.   6Entre os meses de Abril, Maio e incluso primeira semana de Xuño celebramos o tempo da PASCUA. É o tempo mais importante para os cristiáns porque celebramos a Resurrección de Xesús. Celebramos que florece unha nova vida, a vida que XesúsCristo nos da, e isto debe notarse na nosa vida vivíndoa con ledicia, crecendo no amor e na esperanza, a pesares dos problemas ou dificultades que poidamos ter; vivindo a vida que Xesús nos ensinou: unha vida de amor, paz, ...

A cor empregada neste tempo é a BRANCA.

A Pascua dura 50 días (7 semanas), desde o Domingo de Resurrección ou de Pascua ata o Domingo de Pentecoste.

7.    Unha vez finaliza o tempo de  Pascua volvemos ao tempo ordinario, que vai desde o mes de Xuño ata a última semana de Novembro ou primeira de Decembro, onde celebramos o final do ano litúrxico coa celebración de CRISTO REI, e así damos comezo de novo ao tempo de Advento cun novo ano ou ciclo litúrxico!




mércores, 20 de maio de 2020

COÑECES O VALOR DAS APERTAS?

Xesús nos ensinou a querer aos demais e a ser cos outros como nos gusta que se porten con nós, verdade? E... cando as persoas somos amables, cariñosas e temos detalles de cariño, como unha aperta cando mais a precisamos... gústanos moito!

Neste tempo de pandemia por causa do Coronavirus, sabedes que as apertas non están permitidas aos que non conviven con nós, na nosa casa:

Videoclip: "Apertas prohibidas

A todos nos gustan os xestos de agarimo e as apertas son un exemplo! 

E, neste tempo de confinamento polo COVID-19 non debemos achegarnos e, polo tanto os xestos de cariño non son tan sinxelos, pero para solucionar este problema... botade un ollo ao artigo do "ABRAZÓMETRO" e construíde o voso propio para dar apertas aos vosos seres queridos que non viven con vós no mesmo fogar!  E, coa familia da casa... pode en práctica as recomendacións que vos fago coas "APERTAS MUSICAIS" 

Porque? Pois porque as apertas teñen vitaminas para o noso corazón!



Hai xestos cotiáns que nos axudan a sentirnos mellor. Un abrazo, un bico, unha man no ombreiro, unha mirada serena… Son xestos que nos lembran que as persoas precisamos expresar nosas emocións e sentimentos. Hai momentos onde isto non é posible como por exemplo, neste tempo de confinamento.

Sen dúbida este é a linguaxe que nos quixo transmitir Xesús, non a das palabras, senón a dos xestos, que dan contido a tantas palabras! Xestos que condensan esa realidade básica e primeira, a de sabernos que somos persoas amadas, a de que todo ser humano aspira no seu interior, e á vez, á que tantos se ven privados dela, non hai mais que ver na TV o noticieiro. Como credes que poden sentirse eses avós e avoiñas que, despois de dous longos meses encerrados nos xeriátricos, sen poder ver en persoa as súas familias... agora teñan que conformarse cunha mínima visita á semana e, desde 2 metros de distancia? Gustaríavos ese trato? 

Hoxe, como onte, seguimos chamados a reproducir eses mil xestos de amor, que axuden aos nosos semellantes a experimentar sentirse estimados e queridos. Fainos ser máis dignos, máis libres, máis queridos, máis humanos e humanas, en definitiva, fai sentirnos achegados uns a outros, como nos ensinou Xesús, coma irmáns/as.






martes, 19 de maio de 2020

APERTAS MUSICAIS



Abrazos musicales - Dinamicas y Juegos 

A seguinte actividade que hoxe propoño é, polo momento, mentres dure este tempo de confinamento polo COVID-19 para que fagamos "apertas musicais" coa nosa familia da casa e ao tempo que nos movemos pasaremos un momento divertido!
(Proxecto CRA: Móvete mais, 2019-2020)

OBXECTIVOS: Potenciar o sentimento de pertenza a un grupo e favorecer a confianza.
Entrar en contacto físico a través das apertas, neste caso cos familiares da nosa casa cando se para a música.
PROCEDEMENTO: Ponse música para que todos na casa bailemos libremente ao son dunha melodía e cando se pare a música darémonos abrazos de 1, 2, 3 ou 4... Segundo acordemos. Cando se dan apertas dunha soa persoa, que cada un se abrace si mesmo.
A norma do xogo é que ninguén pode quedar sen apertas en ningún dos casos.
E finalmente, rematamos o xogo dando unha aperta todos xuntos!
MATERIAIS: Música animada.              
Una Ilustración De Dibujos Animados De Un Tema Navideño Nota ... OBSERVACIÓNS: Que non se deixe a ninguén sen aperta!!
O xogo tenta romper posibles ambientes de tensión e crear momentos de lecer xuntos entre os que conviven no fogar.



 


ALGÚNS RECURSOS MUSICAIS COMO PROPOSTA PARA ESTA ACTIVIDADE: 











Toda la Música | La Fundación Cultural Capella de Ministrers impulsa el proyecto «Músicamable»

A Fundación Cultural Capella de Ministrers ( FCCdM) puxo en marcha unha plataforma que pretende conectar a intérpretes e persoas a través da música de maneira personalizada e gratuíta. Esta iniciativa do proxecto Músicamable é unha achega desde o ámbito cultural para vivir unha grata e singular experiencia durante o confinamento polo coronavirus.

Con el poderá tamén conversar, compartir curiosidades e intercambiar impresións en liña mediante a páxina web www.musicamable.com, que ten como obxectivo facilitar unha conexión persoal e única entre o oínte, infantil ou adulto, e o intérprete. O interface da plataforma é moi sinxelo para que sexa accesible para todo o mundo, en especial ás persoas maiores. O proxecto, que é totalmente altruísta e pretende ofrecer un servizo social a aquelas persoas que nestas e outras circunstancias non teñen acceso ao entretemento, á cultura e a unha comunicación ou atención ou personalizada, pretende desenvolver nun futuro próximo unha acción específica en hospitais, residencias, centros de atención ou outros colectivos que poderían beneficiarse desta experiencia. Músicamable utiliza o voluntariado e a música como ferramenta e vehículo para humanizar e mellorar a realidade diaria e a xestión das emocións das persoas.

 



xoves, 14 de maio de 2020

COMO FACER UN ABRAZÓMETRO

Aquí estou de novo!

Nesta ocasión cunha proposta moi doce que agradezo a Tallita y las clases de Religión

Xa todos estades desexando dar un grande abrazo aos avós, avoas, tíos/as, curmáns, padriños e madriñas.... ou aos amiguiños e amiguiñas que agora xa podemos atopar cando saimos a rúa a xogar!
Pero... como ben sabemos inda non debemos, segundo nos recordan todos os días as autoridades  sanitarias o importantísimo e necesario que inda segue a ser que manteñamos o distanciamento social  Eu, son da opinión de Tallita e gústame moito súa proposta, que hoxe comparto con vós!

Realmente non poder abrazar aos seres queridos (que non vivan na nosa casa) faise difícil, agora que 
podemos empezar a visitalos nesta nova fase do confinamento por causa do COVID-19. Os abrazos son moi necesarios, e por iso... buscamos unha solución a este problema?

Coñecedes o ABRAZÓMETRO

É unha ferramenta que che permitirá abrazar en calquera sitio, á persoa que ti desexes e sempre respectando a distancia de máis de dous metros.
       

INSTRUCIÓNS PARA ELABORAR UN ABRAZÓMETRO

PASO 1. Imprime ou debuxa tí mesm@ un molde en cartolina, coma o do modelo anterior


PASO 2. Recorta o molde do Abrazómetro pola línea de puntos e, logo recorta unha foto túa e pégaa á altura do círculo punteado ou debúxate, colocando os brazos rodeando o espazo que queda oco, como arriba, no exemplo
PASO 3. Con pinturas, completa teu debuxo. Os brazos e as máns é moi importante que os coloques rodeando o oco que queda vacío, como podes ver no exemplo arriba. A roupa poder colorear a que mais te guste.

PASO 4. Listo para empregar o Abrazómetro? 
Tes que situarte alomenos a dous metros de distancia da persoa que queiras abrazar, xa podes tender a tua man e siuar a cara da persoa que queres abrazar no oco que queda entre teus brazos debuxados. Xa está!! Un abrazo coa distancia de seguridade!! 

E, non esquezades nunca que se necesitades que vos den un abrazo, ademais da familia sempre teremos ao noso amigo Xesús disposto a darnos unha aperta de corazón e facernos sentir que todo vai ir ben.  Abrazos de corazón de Xesús precisamos sempre, pero inda mais nestes momentos.



martes, 12 de maio de 2020

E TÍ QUE FARÍAS NESTA SITUACIÓN?



EXPERIMENTO: "COMPARTE"


CANDO COMPARTIMOS SENTÍMONOS MOITO MELLOR!!

SE O NENO/A QUE TIÑA O SANDWICH DECIDISE NON COMPARTIR... CREES QUE SE SENTIRÍA MELLOR?

xoves, 7 de maio de 2020

martes, 5 de maio de 2020

QUÉ ES IMPORTANTE PARA TI? QUIÉN LLENA TU CORAZÓN?



Jesús non enseñó a llenar nuestro corazón con cosas realmente importantes!!

Qué es importante para tí? 

Qué o quién llena tu corazón?

Para Jesús, que quiere nuestra felicidad, sí es importante lo que ocupa nuestro corazón, por eso nos ha regalado un mandamiento, el más importante de todos:

 Amar a Dios sobre todas las cosas y a los demás como nos gusta que nos traten a nosotros, esto es al prójimo como a nosotros mismos!!