https://colegiopadrecollado.blogspot.com/

xoves, 24 de decembro de 2020

A FAMILIA DE XESÚS

   Velaquí vos presento a Sagrada Familia! 

A Familia de Xesús!!  Que nestas datas enchan os nosos corazóns de amor e esperanza!!


    


UNha panxoliña moi divertida
: "O CHISQUIRRISQUÍS. O CHASCARRASCÁS"

E, "CHEGARON A PE" de Malvela (no CD O Aghinaldo)


Por certo... Feliz Nadal a todos e todas!!



luns, 21 de decembro de 2020

domingo, 6 de decembro de 2020

20 Villancicos Navideños!

Empezando por "Con mi burrito Sabanero", "Campana sobre campana"...
A gozar en familia destas entrañables datas tan agarimosas!!

#Villancicos (0:01) Mi burrito sabanero (3:12) Campana sobre campana (5:58) Noche de paz (9:30) Vamos, vamos pastorcitos (11:57) Antón (14:49) Luces en las calles (17:32) La nanita nana (19:59) Jingle bells (21:40) Los peces en el rio (23:50) Salve reina y madre (25:55) La pandilla de los niños (28:19) We wish you a merry Christmas (29:28) Tutaina (31:33) El regalo del niño Dios (33:00) El tamborilero (34:44) Ven a cantar (38:22) A belén pastores (40:43) Más allá (44:59) Pastores venid (47:17) Zagalillo


martes, 1 de decembro de 2020

Panxoliña Beatle (O-bla-di, o-bla-da, que ledicia!)

CHEGA O NADAL! UN ANO MAIS!! Inda que este ano sexa un pouco diferente ao que estmos acostumados...


Panxoliña Beatle (O-bla-di, o-bla-da, que ledicia!)

domingo, 22 de novembro de 2020

Tino baz. Buscando unha estrela.Villancico.wmv

E xa chega o NADAL moi pronto!! Este ano é diferente sí, por causa da COVID-19, pero os nosos corazóns están cheos de ilusión e esperanza en Xesús, igualmente!
Queremos empezar a preparalo con esta panxoliña de Tino Baz! Espero que vos guste!

Tino baz. Buscando unha estrela.Villancico.wmv


E, mentras cantamos esta linda panxoliña podemos completar este puzle dunha estrela!


E armar o noso Portal de Belén!!


FELIZ NADAL!! 

"O MEU NADAL PERFECTO" de Iván Vale



Non son precisas mais palabras!


sábado, 14 de novembro de 2020

mércores, 8 de xullo de 2020

RULETA DOS SACRAMENTOS


Xogo: Ruleta dos  sacramentos


O xogo: consiste nunha especie de trivial sobre os  sacramentos. A saída realizarase desde o centro, iniciando o percorrido por "a casa" do Bautismo, segundo o número que indique o dado.
Cada vez que caia nunha casa, o equipo contrario saca unha tarxeta correspondente a ese  sacramento e realizaralle a pregunta. Se a resposta é correcta, anota no seu marcador ese  sacramento e segue tirando o dado. Se falla, pasa quenda ao seguinte equipo.
Gaña o equipo que complete no marcador todos os  sacramentos.

Materiais: fichas, dado, taboleiro e tarxetas de xogo (no enlace).


RECURSO NO SEGUINTE ENLACE:
https://profesoradoreligion.blogspot.com/2019/02/ruleta-de-los-sacramentos.html

martes, 30 de xuño de 2020

NADA É IMPOSIBLE!!

Cando algo nos custe... ou nos dé pereza... ahí está Xesús para animarnos co seu exemplo!!



Sempre hai un novo proxecto, unha ilusión!! Nada é posible se non se intenta!! Ánimo! Pedímoslle a Xesús que sempre nos dé ese empurronciño para tentalo!!

domingo, 21 de xuño de 2020

A FESTA DA GRANDEZA DO CORAZÓN DE XESÚS

O AMOR DE XESÚS POR TODOS NÓS É TAN GRANDE QUE LLE SAE DO CORAZÓN!! E SABEMOS QUE SEU CORAZÓN É SAGRADO PORQUE É FILLO DE DEUS!
POR ESO CELEBRAMOS O DÍA DO 
SAGRADO CORAZÓN  DE XESÚS! 

Mira no seguinte video de CatólicKids 


E, velaquí algunhas fermosas oracións ao Sagrado Corazón de Xesús
Oración ao Sagrado Corazón de Xesús


Serías quen de respostar a seguinte cuestión desta ficha interactiva?
liveworksheets.com

Unha ficha para colorear e logo compartirdo confinamento poloCOVID-19 para colorear, co Sagrado Corazón de Xesús

Na bitácora de Sandra, atopei esta explicación con imaxes para nenos do Sagrado Corazón de Xesús e Corazón Inmaculado de María, que agora comparto con vós:












E, para finalizar...

Uns fermosos marcapáxinas do Sagrado Corazón de Xesús e do Inmaculado Corazón de María!

venres, 19 de xuño de 2020

E achégase fin de curso!


Todos os fins de curso teñen súa parte de mágoa e este mais!

Grazas por estar ahí e por todos os momentos compartidos desde a casa con motivo do confinamento por causa do Covid-19!!

liveworksheets.com

Cales son esas 4 cousas que te levas de este curso?

liveworksheets.com

FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!!

xoves, 18 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN!!


Agora que xa pronto remata este inusual e raro curso escolar, que nos mantivo encerrados nas nosas casas durante meses desde o fin de semana do 13 de marzo... por causa do Covid-19, ou coronavirus; desde esta bitácora, inda en construcción pero que non quero deixedes de visitar maiores e peques, quero desexarvos a todas e todos un moi feliz verán!!

Pasádeo moi ben e aproveitade o tempo libre compartíndoo cos vosos seres queridos (familia, amig@s...), 
pero xa sabedes, con moito sentidiño, mantendo as distancias sociais que non indiquen as autoridades, tendo moito coidado de manter moi ben lavadas as mans, de toser cara ao cóbado... en definitiva, respectando as normas desta nova normalidade!!

E, recordade sempre...


Para ser felices, primeiro debemos facer sentirse ben as persoas que nos rodean!

Recordade pois preocuparvos un poiquiño  polas persoas da familia que vivides xuntos, e polos que están mais lonxe tamén; polas persoas mais maiores  e  polas que poidan estar súas sufrindo os efectos desta pandemia!! 

QUE O VOSO CORAZÓN SE VAIA DÍA A DÍA ENCHENDO DE MIL CORES; COS ANAQUIÑOS DA FELICIDADE COA QUE AGASALLADES AOS DEMAIS!
E, no quero deixar de agradecer voso esforzo ao longo destes meses, tanto ás familias pola preocupación constante como aos nenos e nenas! Grazas por seguir ahí, ao outro lado da pantalla

domingo, 14 de xuño de 2020

SACRAMENTOS DE INICIACIÓN Á VIDA CRISTIÁ

Hoxe imos aprender un pouco mais sobre os 7 Sacramentos:
SACRAMENTOS DE INICIACIÓN


es.liveworksheets.com

CELEBRAMOS A FESTA DA EUCARISTÍA

O día de Corpus Christi celebramos a festa do Sacramento da Eucaristía!

Como ben di o dito...

TRES XOVES HAI NO ANO QUE RELUCEN MAIS QUE O SOL! 

                                XOVES SANTO, 

                             CORPUS CHRISTI 

                        E o DÍA DA ASCENSIÓN!


E, o pasado xoves foi o día de Corpus Christi! Pero celebrámolo hoxe que é domingo!

Premendo neste enlace descubriredes porqué celebramos a festa de Corpus Christi




E, velaquí tedes unhas fichas interactivas para aprender mais deste día:


es.liveworksheets.com

UNHA CRÓNICA DESTE TEMPO DE CONFINAMENTO:
        * Outros anos, para conmemorar esta data de CORPUS, día da festa da Eucaristía...
        * E, este ano... por causa da pandemia polo Covid-19 non puidemos ver os adornos de flores polas rúas, non puido ser! e, na parroquia ademais fixemos un saúdo de desexarnos Paz uns a outros moi diferente ao que estabamos acostumados, sen darnos bicos nin apertas, senón facendo o xesto dun corazón: O Corazón de Cáritas, que moi ben representa o significado desta festa, representámolo coas nosas mans!!