A cebra Camila, de Marisa Núñez, con ilustracións de Óscar Villán.
Editorial Kalandraka. Primeiros lectores
En Reli tamén traballamos valores a través de historias clásicas coñecidas
por todos e todas! e... un conto moi interesante para comprender o significado
da solidariedade, da amistade e o valor de compartir. E, así colaborar para que os demais sexan un pouquiño
mais felices e colaborar na construción dun mundo un
pouco mais fermoso... ao tempo que exercitamos a
memoria con esta historia.
É o conto da "CEBRA CAMILA"
" Alá onde se acaba o mundo vivía unha pequena cebra. Un día, ao saír de casa, o vento bandido levou sete raias do seu vestido (...)"
Así comeza o conto onde:
unha araña, unha serpe, o arco da vella e unha cigarra, entre outros, axudarán a Camila a esquecer a
súa pena. Unha viaxe para crecer, con sumas e restas encadeadas, sete bágoas e
sete amigos… e moito máis nunha historia repleta de tenrura!!
Convídovos a que vexades, no seguinte enlace, esta versión do contacontos de Teresa Corchete :
A CEBRA CAMILA |
E, velaquí unha ficha para que vós decoredes seguindo as directrices do conto:
http://www.auladeelena.com/2014/11/cuentame-un-cuento-la-cebra-camila.html
Na seguinte entrada, podedes ver a versión deste contacontos coas personaxes feitas en fieltro!
CEBRA CAMILA EN FIELTRO |
E na que segue un contacontos de Beatriz Montero:
CONTACONTOS DE BEATRIZ MONTERO
Ningún comentario:
Publicar un comentario